Regras e conceptos
Que é arrastrar o triunfo?






Arrastrar o triunfo consiste en saír con cartas de triunfo para obrigar os rivais a gastar as súas ata quedaren sen elas. A palabra «arrastre» tamén se usa para a fase final de xogos como o Guiñote ou o Tute, cando xa non se rouba e é obrigatorio asistir e montar.
Arrastrar como xogada
Se tes moitos triunfos altos, saír con eles «limpa» a mesa: os rivais van soltando os seus triunfos e logo as túas cartas doutros paus gañan sen medo a que chas fallen. É unha xogada de forza. Se tes poucos triunfos, arrastrar adoita ser mala idea, porque quedas sen defensa.
A fase de arrastre
No Guiñote, cando se acaba o mazo comeza o arrastre. A partir de aí xa non podes botar o que queiras: tes que asistir ao pau de saída, montar se podes e, se non tes dese pau, fallar con triunfo. É onde se deciden moitas mans. Explicámolo con máis detalle en que é renunciar.
Un consello de mesa
Antes de arrastrar, conta. Se sabes cantos triunfos quedan fóra (hai dez por pau na baralla de 40), podes calcular cantas voltas precisas para deixar os demais secos. Se non sabes que é o triunfo, comeza por esta guía.
Preguntas frecuentes
Arrastrar é obrigatorio?
Saír con triunfo non, pero na fase de arrastre si é obrigatorio asistir e montar.
En que xogos hai arrastre?
No Guiñote, no Tute, na Brisca nalgunhas variantes e na Cuatrola, entre outros.